O plan de igualdade é un documento operativo de traballo que reúne un conxunto ordenado de medidas, adoptadas despois de realizar un diagnóstico de situación, que perseguen conseguir a igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes e eliminar e corrixir calquera discriminación por razón de sexo.

É, por tanto, o instrumento que serve para articular un proceso de traballo no que se contemplan unha serie de obxectivos, medidas, áreas de intervención e accións (debidamente planificadas) co fin de avanzar de forma progresiva na consecución da igualdade de oportunidades no ámbito empresarial.