Unha vez elaborado e aprobado o Plan de Igualdade (calquera que sexa a súa orixe ou natureza, obrigatoria ou voluntaria e foran ou non adoptados por acordo entre as partes) as empresas están obrigadas a depositalo en rexistro público (Rexistro e Depósito de Convenios Colectivos, Acordos Colectivos de Traballo e Plans de Igualdade -REGCON) nun prazo non superior aos 15 días seguintes á data de sinatura de aprobación do plan.

A tramitación do Rexistro, no caso dos Plans de Igualdade de ámbito autonómico, corresponde á Subdirección Xeral de Relacións Laborais e, nos plans de ámbito provincial, corresponde ás Xefaturas Territoriais da Consellería de Emprego e Igualdade.

Ademais, as empresas poden tamén realizar un proceso de Certificación acreditativa de Implantación do plan de igualdade, que se realiza a través da Unidade Administrativa de Igualdade da Consellería de Emprego e Igualdade. Esta certificación é obrigatoria para as empresas beneficiarias do Programa de axudas para implantar a igualdade laboral da Consellería de Emprego e Igualdade.

Na Guía “Como Elaborar un Plan de Igualdade na Empresa”, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, da Consellería de Emprego e Igualdade, podes atopar o procedemento para o rexistro do plan e a obtención da Certificación acreditativa de Implantación.

A continuación, describimos o proceso telemático para o rexistro e certificación do plan de igualdade: